Skip to content
28/05/2013 / lernolosada

María y yo, de Miguel Gallardo

Sheila Carbia (4ºA)maria_y_yo

María y yo, é unha novela gráfica na cal, Miguel Gallardo , nos transmite o cariño e a adoración que sente pola súa filla, María.
No transcurso das páxinas, cóntanos as vacacións de verán nas Canarias. Nestes días, Miguel coida da súa filla, unha nena autista de doce anos.
Mediante os seus debuxos, María pode observar día tras día as persoas que coñeceu ó longo da súa vida.
Este exercicio memorístico divírtea e emociónaa, polo que lle pide a seu pai constantemente que lle ilustre, tanto persoas, como os lugares que visitarán ou a planificación diaria.
Este libro axuda a reflexionar e a decatarse de que, a pesar de sufrir autismo, as persoas poden querer o mesmo que calquera outra persoa. Ademais, tamén se lles pode chegar a querer tanto ou máis, sen prexuízos.
Realmente, gustoume moito o libro, pois é moi entretido e tenro. Recoméndolle a lectura a tódolos pais para que teñen fillos con problemas, con vontade e cariño pódese gozar deles, superando as dificultades que, por desgraza, na nosa sociedade carrexa a diferenza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: