Skip to content
21/05/2013 / lernolosada

Presentación de ‘Costa do Solpor’ de Xosé Mª Lema

Este mércores, 22 de maio, ás 21 horas, presentarase a novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, no Museo do Moble e da Madeira (MOME) da Estrada.

A presentación do libro, organizada pola Biblioteca e o Equipo de Normalización do IES Antón Losada, contará coa participación do propio autor, do director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, e dos escritores estradenses Xoán Carlos Garrido e David Otero.

Costa do Solpor é a primeira novela de Xosé Mª Lema, catedrático de Xeografía e Historia, profesor desde 1982 ao 2011 no IES Antón Losada, que ten destacado polos seus traballos etnográficos, lingüísticos, artísticos e históricos. Os seus ensaios e artigos xornalísticos fixérono merecedor dos premios ‘Antón Losada Diéguez’ de investigación (1994) e do ‘Reimóndez Portela’ (2010) de xornalismo, entre outros.

Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011. Unha novela de aventuras, de piratas, de amizade e de amor, ambientada na Costa da Morte a mediados do século XVIII. Un libro magnífico, moi entretido, onde o autor amosa no só a súa pericia como escritor, senón tamén a súa gran erudición, convertendo a novela nunha referencia para o coñecemento da historia e da vida cotiá da época.

Máis información sobre a novela: http://costadosolpor.blogspot.com.es/

Cartel

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: