Skip to content
07/05/2013 / lernolosada

A MONUMENTAL BIOGRAFÍA DE ANTONIO LÓPEZ FERREIRO (1837-1910), DE CARLOS SANTOS FERNÁNDEZ

Reproducimos aquí a crítica do noso benquerido Xosé María Lema, no seu blog Costa do solpor, sobre a biografía de López Ferreiro, escrita polo non menos querido Carlos Santos (toda queda na casa, no noso Instituto).escanear0001
Hai poucos días presentouse en Compostela Antonio López Ferreiro [1837-1910]. Canónigo compostelano, historiador y novelista, da autoría de Carlos Santos Fernández. Recoméndoa encarecidamente, pois, sen dúbida, estamos ante a biografía definitiva do culto cóengo compostelán, historiador e novelista, que tivera grande actividade na Compostela de finais do séc. XIX e principios do XX. A súa obra Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago aínda hoxe é de imprescindible consulta, coma a Historia de Galicia do seu contemporáneo Manuel Murguía (biografiado recentemente por X.R. Barreiro Fernández). Lembremos que a López Ferreiro se lle dedicara o Día das Letras Galegas de 1978 (fora autor, entre outras obras, de varias novelas históricas na nosa lingua: A tecedeira de Bonaval, O castelo de Pambre,  O niño de pombas).
Carlos Santos foi compañeiro meu no IES Antón Losada Diéguez da Estrada durante varios anos. Alí continúa de profesor de Lingua Castelá. Poucos sabían da súa faceta investigadora; eu mesmo a ignoraba ata hai ben poucos anos. Esta longa obra de 1.134 páxinas dá boa proba da súa competencia investigadora. Como se pode ler no prólogo do libro, Carlos gastou moitas tardes nos arquivos (en especial no da Catedral de Santiago)  revisando actas capitulares, folletos, caixas de papeis sen catalogar, atados de cartas, cartafoles decimonónicos… para levar a cabo a súa obra que non dubido en cualificar de monumental. Podería presentarse como tese de doutoramento en calquera universidade, pero debe ser que Carlos ten o “vicio” de investigar porque si.
A biografía do cóengo compostelán divídese en 25 capítulos: infancia, formación, ordenación sacerdotal, estudos en Madrid, estadía na parroquia de Vedra, acceso á coenxía, o achado das reliquias do Apóstolo, os seus estudos, as súas obras, os seus enfrontamentos co arcebispo, os seus derradeiros anos, as homenaxes recibidas (maiormente póstumas) etc. Complétase cuns apéndices de cartas, documentos, catálogo bibliográfico e a transcrición dun documento posiblemente inédito do ano 572. Como non podía ser menos nunha obra deste calibre, remata, non só coas fontes e bibliografía, senón cun completísimo índice antroponímico.
Carlos Santos ten publicados abundantes traballos de investigación en revistas especializadas de Galicia e León. Nunha delas, relacionada co terremoto de Nápoles de 1688, tomei uns datos curiosos que me foron moi útiles para a miña narrativa. [XMLS]
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: