Skip to content
25/04/2013 / lernolosada

1º Festival de teatro escolar da Estrada (27 de abril)

AULA DE TEATRO DO I.E.S. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ, “AVELAÍÑAS TEATRO”

I FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA

 O sábado, día 27 de abril, celebrarase o I Festival de Teatro Escolar da Estrada.  Este evento está organizado pola Aula de Teatro do I.E.S. Antón Losada Diéguez, “Avelaíñas Teatro”, a Biblioteca, e o Club de Lectura “Retelladores do Galiñeiro”, en colaboración coa Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, o Concello da Estrada e o Teatro Principal da Estrada. Este evento permitirá ao público gozar dos espectáculos creados polo alumnado de catro Aulas de Teatro de Galicia (Touro, A Estrada, Laxe e Palas.).

O programa de actividades desta xornada será o seguinte:

12:00 h: Roteiro pola aldea de Ouzande, organizado conxuntamente coa Asociación Cultural “A Fervenza”.

14:00 h: Comida  de confraternización na aldea de Ouzande.

17:00 h: A Escola Municipal de Teatro de Laxe e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei presentan no Salón de Actos do Teatro Principal FICCIÓNS.

19:30 h: A Aula de Teatro do C.P.I. de Touro e a Aula de Teatro do I.E.S. Antón Losada Diéguez da Estrada, Avelaíñas Teatro presentan no Teatro Principal NO MUNDO DA FANTASÍA

festival de teatro escolar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: