Skip to content
12/04/2013 / lernolosada

Lendo contos no Figueiroa, vídeo

O pasado 20 de decembro, e por segundo ano, os retellares e retelladoras, fomos regalarlle uns contos aos nosos amigos e amigas do CEIP do Figueiroa. Gravamos en vídeo as actuacións pero tardamos en facer un pequeno resumo, algo que só foi posible grazas ao traballo de Eixo. Foi unha experiencia emocionante, na que o alumnado retellador de Cultura Clásica de 4º da ESO contou   tres historias eternas da mitoloxía grega: o Minotauro, a Ilíada e a Odisea. Outro grupo de alumnos e alumnas da ESO leron varios contos populares e, hai que destacalo, Mónica Señoráns creou ela mesa o conto que ofreceu ao noso atento e agradecido público. Por último, alumnas de bacharelato, con algún reforzo máis novo, fixeron unha lectura dramatizada do Conto de Nadal de Dickens, nunha versión moi particular. Unha experiencia xenial que agardamos repetir moitos anos máis.

Aquí tedes o vídeo-resumo e a versión do conto de Dickens, baseada na da páxina web: http://www.cuentosparachicos.com/ESP/teatro/Scrooge1.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: