Skip to content
31/03/2013 / lernolosada

Xaime Lis no Losada

O 5 marzo, dentro das Xornadas de Banda Deseñada, tivemos con nós a Xaime Lis, da libraría Komic. Esta libraría é un referente no mundo da banda deseñada en Santiago e Galicia, que o ano pasado celebrou o seu 25 aniversario. A súa atractiva páxina webIMGP0003 é unha fonte imprescindible para coñecer o que se coce no mundo das historietas, e atopar o que nos pode gustar a cada un.

Xaime falou para dous grupos, primeiro para os membros do Club de Lectura (aínda que faltaban moitos que estaban de viaxe), e para os de ESO adultos e PCPI do nocturno. O título da súa conferencia foi ‘Os cómics que hai que ler’, facendo un percorrido pola historia da novena arte e recomendándo algunhas das bandas deseñadas imprescindibles, que non podemos deixar de ler. Foron dúas charlas máis que interesantes e amenas nas que Xaime amosou o seu gran coñecemento da materia, cumprindo de sobra co obxectivo fundamental: animarnos a ler banda deseñada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: