Skip to content
11/03/2013 / lernolosada

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

A Biblioteca do IES Antón Losada e o Club de Lectura Retelladores do Galiñeiro  conmemoran o Día da Muller con diversas exposicións situadas nos corredores e espazos comúns do Centro:MULLERES PRENSA

– Poemas de mulleres. Poemas escritos por mulleres, dos que se ‘anuncian’ os seleccionados polo alumnado do Club de Lectura.

– As mulleres son noticia. Selección e exposición de noticias sobre as mulleres, da prensa diaria que se recibe na biblioteca. O alumnado das distintas titorías analizará distintos aspectos da situación actual da muller en Galicia e no resto do mundo: violencia, educación, economía, medios de comunicación… e, tamén, as consecuencias da crise na situación das mulleres.

– Por e sobre mulleres. Libros, cómics e películas feitos por mulleres, ou que tratan delas.

– ‘As mulleres tamén emigran’, da Fundación 10 de Marzo. Formada por 18 paneis nos que se fai un percorrido cronolóxico polas migracións femininas en Galicia ao longo do s. XX: América, Europa e Inmigración. As mulleres, esquecidas pola Historia oficial, son aquí as protagonistas dos movementos migratorios, do pasado e do presente, que compre que o alumnado coñeza (mediante un cuestionario) para afastarse dos prexuízos racistas e sexistas.

PREMENDO NA IMAXE PODES VER FOTOS DAS EXPOSICIÓNS

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: