Skip to content
09/03/2013 / lernolosada

¿Por que todos me miran la cabeza?, de Randa Abdel-Fattah

Alexandre Rodríguez (3ºA), Eladio Anxo¿por que...

Este libro ten como protagonista a Amal, unha rapaza de 16 anos, que decide poñer o hiyab (o pano), símbolo da súa identidade musulmá. A novela transcorre en Melbourne (Australia), no ano 2002, a onde emigraran os pais de Amal, desde Palestina.
Aínda que a trama se centra nos problemas que para Amal supón poñer o pano, tanto no Instituto como na rúa, ofrece moitas máis. É un reflexo veraz da vida das adolescentes, cuxos gustos e inquietudes son universais. A relación cos pais, coas súas amigas, co mozo do que se namora… non son elementos secundarios.
É tamén un libro sobre a emigración (entrañable o personaxe da veciña de protagonista, a señora Vaselli, unha anciá inmigrante de orixe grega) e os musulmáns. A través da familia e amigos da protagonista a autora preséntanos o mosaico real formado polas distintas maneiras de vivir e practicar a relixión islámica. E tamén, os prexuízos dos ‘occidentais’, que caemos nas xeneralizacións e nos estereotipos, froito da nosa ignorancia, cando nos referimos a un mundo tan diverso coma o número de persoas que o forman.
E aínda máis, a lectura tamén nos achega ao machismo (non só entre musulmáns), ao consumismo, ao péqueno mundo da escola…
En definitiva, un libro que limos os máis novos do retelladores, pero que é recomendable para persoas de calquera idade. Lectura fácil, correcta, sen altibaixos, ideal para achegarnos a unha realidade que é tamén a nosa. Unha ferramenta óptima para profesores e alumnos porque nos permite formular moitas preguntas relevantes e, ademais, é entretido.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: