Skip to content
28/02/2013 / lernolosada

Kiko da Silva no Losada

O pasado venres, 22 de febreiro, estivo no noso Centro o debuxante de banda deseñada e gran promotor de proxectos Kiko da Silva. Impartiu dúas conferencias, dentro das Xornadas de Banda Deseñada organizadas pola Biblioteca.IMG-20130228-WA0002

A primeira, destinada ao alumnado do Ciclo de Administrativo, centrouse na súa actividade como empresario. Transmitindo un contaxioso entusiasmo percorreu a súa traxectoria, desde a editorial BDBanda, á revista Retranca (tan añorada por moitos de nós), ata o Garaxe Hermético, unha escola de ilustración e banda deseñada montada nun antigo garaxe de motos, que ten todas as súas prazas ocupadas. Os máis de 90′ da charla pasaron voando e tivo unha gran aceptación entre os asistentes.

Despois tocoulle aos de 3º da ESO e 1º de Bacharelato, que viron como se crea unha novela gráfica, ou cómic, ou TBO, pois o importante, como dixo Kiko, é ter unha boa historia. O nome é o de menos. Boa parte do tempo adicouno a amosarnos as pedras singulares que suscitaron a idea da súa actual angueira como debuxante, a banda deseñada ‘Baixo a sombra das pedras flotantes’. Rematou co que máis gustou ao alumnado, debuxando os clichés usados por Ibáñez en Mortadelo y Filemón, e Matt Groening nos Simpsons. Finalizou tan fresco despois de máis de tres horas de falar e falar.

E aínda houbo máis, o mércores 27, os do Club de Lectura visitaron o Garaxe Hermético, coa súa fermosa decoración, dentro dunha viaxe a Pontevedra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: