Skip to content
14/01/2013 / lernolosada

El humo de Bikenau, de Liana Millu

Enrique Cao

Neste libro, “El humo de Birkenau” de Liana Millu, que podACA0116aemos gozar na nosa biblioteca, a autora fala das mulleres e a súa supervivencia nos campos de concentración nazis. Liana estivo case 3 anos nese campo de concentración, e en 1.947 publicou este libro formado por seis arrepiantes relatos nos que narra as duras condicións da vida en Birkenau, individualizadas nas historias de seis mulleres. Impresionoume especialmente o relato que fala de María, que oculta o seu embarazo como pode, vestíndose con faixas e traballando duramente como a que máis, coa esperanza de que cando o seu neno naza o campo terá sido liberado xa polos rusos. O libro deixa de lado a reflexión sobre os feitos presenciados no campo e opta por centrarse na narración dos momentos que compartiu con outras condenadas.

Conta con prólogo de Primo Levi, autor de “Si esto es un hombre” primeiro libro dunha triloxía que escribiu para contar a súa experiencia en Auschwitz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: