Skip to content
09/01/2013 / lernolosada

Estamos lendo…

¿Por qué todos me miran la cabeza? de Randa Abdel-Fattah Editorial La Galera, 2008

libros

Amal, unha rapaza de 16 anos, australiana de orixe palestina, decide poñerse o velo (hiyab). No libro amósanos os seus sentimentos ao enfrontarse a súa vida cotiá en Melbourne co pano na cabeza. É unha rapaza cos mesmos intereses que calquera outra da súa idade, pero ser musulmá en Australia despois do 11-S non é fácil. Unha novela escrita en primeira persoa, divertida e intelixente, en onde todos os personaxes teñen entidade e evolucionan enganchándonos nunha lectura que nunca resulta aburrida.

Balzac y la joven costurera china, de Dai Sijie Editorial Salamandra, 2002

Dous adolescentes chineses son condenados a un proceso de ‘reeducación’ nunha aldea chinesa preto do Tíbet. Obrigados a vivir nunhas condicións penosas, a súa vida cambia cando coñecen a filla do xastre da aldea veciña, e atopan unha maleta chea de obras emblemáticas da literatura occidental. Unha novela baseada na propia vida do autor, cunha escritura áxil, case coma un conto, que nos fai sorrir a pesar da dureza do narrado. Unha pequena xoia de éxito máis que xustificado.

A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery Editorial Galaxia, 2008

Novela de gran éxito, fórmana dous diarios paralelos que terminan atopándose. Conta a historia de Renée, porteira dun edificio de ricos de París, que agocha un mundo secreto fascinante, e Paloma, unha nena moi lista de doce anos que vive na mesma casa e que se nega a vivir na vulgaridade do seu entorno. Todo cambia na vida das protagonistas cando chega un novo veciño ao inmoble, o xaponés Kakuro. Unha aguda e fermosa reflexión sobre a vida e os valores da sociedade occidental, na que a literatura, a música e a arte teñen un papel central.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: