Skip to content
13/12/2012 / lernolosada

recitando a celsoemilio

Hoxe participamos na homenaxe colectiva, organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ao gran poeta de Celanova. Foi un acto emotivo e cunha gran participación, aínda que pouco preparado. Hai que felicitar sobre todo ao alumnado de 3º de Diversificación e ao seu profesor Afonso. As alumnas e o alumno dese grupo foron as encargadas de abrir o acto co recitado do poema Deitado frente ao mar. Fixérono moi ben, vencendo con valentía o nerviosismo propio da situación.

Cando eles remataron, fixemos unha lectura colectiva do mesmo poema na que participou alumnado de todos os niveis educativos. Desde a Biblioteca e o Club de Lectura dámoslle as grazas a todas e todos, por aportar o seu gran de area en recordo do poeta e, tamén, por reivindicar a nosa lingua… porque nos peta.

Premendo na imaxe podedes mirar as fotos.

lendo celsoemilio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: