Skip to content
30/11/2012 / lernolosada

Día da Ciencia en Galego, na biblioteca

María M. Villanueva, Sheila Carbia (4º ESO)

O mércores 7 de novembro na Biblioteca, o grupo de Bioloxía de 4º ESO (Alba Durán, Sheila Carbia, Sheila Costa, Miriam Deber, Álvaro Loureiro, Iria Sueiro, Paula Constenla, Aitana Rodríguez, Mónica Señoráns) quixo celebrar o día da Ciencia en Galego na Biblioteca.2012-11-07 10.32.43

Pensamos en facer experimentos sinxelos  nos que se puideran comprobar algunhas das “teorías” que se estudan na clase, e eliximos ver os efectos dos cambios de presión dos gases. Retamos ao público a sacar unha moeda dun recipiente con auga sen mollar os dedos; como non foi posible, ensinámoslle un “truco”. No recipiente onde estaba a auga introducimos un vaso do revés. Metendo un algodón empapado en alcohol no interior do vaso e prendéndolle lume, conseguimos que a auga fora succionada cara dentro del, deixando a moeda “en seco”; agora si que se podía coller…sen mollar os dedos. Sabiamos que os gases, dentro dun recipiente, aumentan a presión a pouco que se quenten; cando arrefrían, diminúen a presión e provocan un efecto de baleiro, facendo entrar –neste caso- a auga no vaso.

Logo quixemos  introducir o ovo polo colo da botella e usamos a mesma idea: botamos no matraz un algodón empapado en alcohol e prendemos lume, facendo aumentar a temperatura e a presión no interior; ao apagarse a chama e arrefriar o aire, a presión interior descendeu e o noso ovo foi “succionado” cara dentro sen ter que tocalo. Xa imaxinades por que cocemos o ovo…

Para inflar un globo sen soprar, precisamos un gas. É moi doado conseguir dióxido de carbono (o gas que expiramos) facendo reaccionar o bicarbonato que hai nas casas (bicarbonato de sodio) con vinagre. Nós levamos ácido acético puro e con el “quitámoslle” os átomos de carbono ao bicarbonato sólido para formar o gas (CO2). Puxemos o globo na boca do matraz para recollelo e … inchouse sen ter que soprar.

Os dous últimos experimentos tamén formaron parte das actividades desenvolvidas no encontro cos clubs de lectura de Cuntis e Portas. Na biblioteca municipal de Cuntis, Mónica e Sheila Carbia, foron as encargadas de gratificar ao expectante público cos ‘misterios’ da ciencia que, por certo, tamén se len.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: