Skip to content
27/11/2012 / lernolosada

Os retelladores fanse adultos

Hoxe martes, 27 de novembro, comezou o seu camiño a sección de maiores dos Retelladores do Galiñeiro. Ás 18,10, na sala de profesores, cun café e algo para picar que nos serviu a grande Pili, reunímonos para falar de El ardor de la sangre, de Irene Némirovsky. Profesores, alumnos de adultos e de ciclos e persoal non docente do IES mantivemos unha conversa intensa e interesante sobre o libro e a vida. A verdade é que está primeira xuntanza abre a expectativa de outros encontros gratos. Todos nos sentimos cómodos e falamos con confianza e placidez. Unha das máximas para que funcione un club de lectura e que haxa conexión entre os seus membros e, a sensacións primeiras, foron moi positivas.

O libro de Irene Némirovsky (unha autora cunha vida curta, intensa e de final dramático) deu pé a moitas suxestións e intercambio de opinións. Un libro dos anos trinta, pero que, coma os clásicos, pódese gozar en calquera época. A mestría da escritura da autora, a magnífica descrición de personaxes e situacións, permitiunos conectar coa nosa propia realidade. As particularidades da vida na aldea, a memoria e a ocultación, a autenticidade dos personaxes femininos, e, por suposto, o ardor do sangue da xuventude, foron os temas centrais dun tempo que se nos fixo curto. Non todos valoramos da mesma maneira a novela, pero todos concordamos en que é un bo libro, que non nos deixa indiferentes, e que permite moitas lecturas. Este é o gran mérito da escritora, a facilidade coa que crea ambientes e constrúe personaxes engaiolantes, que se dirixen directamente ás nosas vivencias e sentimentos, deixando que sexamos os lectores e lectoras quen acabemos construíndo as nosas propias historias.

Para a próxima reunión, no mes de xaneiro, acordamos ler A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery, e unha escolma de poemas de Wislawa Szymborska.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: