Skip to content
11/10/2012 / lernolosada

Aula de teatro

Este martes 9 de outubro púxose en marcha a Aula de Teatro no noso IES grazas ao entusiasmo e coñecementos, avalados pola súa experiencia noutros centros educativos, do profesor de Lingua Castelá, Afonso García Penas. A súa iniciativa contou, desde o primeiro momento, co apoio do Equipo Directivo e do Claustro de profesores. A actividade enmárcase dentro da programación da Biblioteca.

O Teatro é unha ferramenta moi útil para adquirir maior seguridade e autocontrol, desenvolver as capacidades relacionadas coa comunicación e fomentar as relacións interpersoais, entre outras cousas. En definitiva, un recurso didáctico efectivo e atractivo, que non debería faltar en ningún centro educativo.

O alumnado vai ter a oportunidade de acadar e potenciar, a través dunha aprendizaxe práctica, diferentes técnicas vocais, corporais, lingüísticas, literarias e escénicas. No só para as representacións, senón tamén para a vida escolar e social.

A docencia impartirase os martes de 14,45 a 16,15 horas, e nos recreos cando se considere necesario. Debido a alta participación, arredor de 50 alumnos, houbo que facer catro grupos, divididos por idades, que acudirán ás clases cada 15 días.

Están previstas as seguintes funcións:

–       Febreiro ou marzo do 2013, no Teatro Principal de Ourense. Funcións solidarias en beneficio da ONG Meniños.

–       Abril-maio do 2013, na Casa de Cultura de Palas de Rei, dentro da V Mostra de Teatro Escolar.

–       Terceiro trimestre, na Mostra de Teatro organizada polo IES Antón Losada, no Teatro Principal da Estrada.

–       En Idanha A Nova (Portugal); no Teatro Romano de Mérida e en Urueña (Valladolid), funcións enmarcadas nunha viaxe de marcado carácter didáctico.

–       A finais de maio, na VI Mostra de Teatro Escolar de Laxe (TEATRAPA).

–       No Centro da Terceira Idade de Touro.

–       No mes de maio na VII Mostra de Teatro Escolar de Touro.

–       No Festival de fin de curso

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: