Skip to content
29/05/2012 / lernolosada

El color de la magia, de Terry Pratchett

Víctor Brea, 2ºBach

A principios dos anos oitenta Terry Pratchet creou Mundodisco, un mundo que desafía as leis da física e da lóxica. Unha serie de novelas fantásticas, onde acontecen feitos marabillosos. Unha parodia brillante do mundo e de como funciona as cousas. Un mundo de fantasía coa súa propia mitoloxía, seus propios heroes, e súa propia historia.

Nesta saga pódense ler cousas graciosas e curiosas que che fan rir, unha de elas é un viño que che da resaca un dia antes de telo bebido. Un viño temporalmente ambiguo, porque unha vez notas que tes resaca tes que tomar o viño porque senón ábrese un burato no espazo-tempo.

Pero unha das cousas máis impresionantes deste libro é a maneira de falar sobre os deuses. Dependendo do número de seguidores que ese deus teña terá máis ou menos poder. Se tes sobre 1.000 seguidores podes facer unha bola de lume ao ano, se tes 50.000 seguidores podes facer ondas e cataclismos.

Para quen lle guste a fantasía está moi ben, cunha escritura directa, coma un xogo. Eu son bastante fino para estes libros e gustoume así que espero que sexa unha boa recomendación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: