Skip to content
22/05/2012 / lernolosada

Mochilinhas de cores, un proxecto necesario

Mochilinhas de cores

PROXECTO DE AXUDA MUTUA ENTRE NENOS E NENAS DE GALICIA E DE UCRAÍNA

QUEN?

De quen vimos sendo? Pois somos unha familia galega que leva xa uns aniños instalada na Terra Chá, unha terra fértil que nos acolle con cariño e nos permite desde ela asumir proxectos tan interesantes como “Mochilinhas de cores”.

Os nosos nomes son: Rosalía, Paulo, Ánxela e Iago Montero Núñez, Carlos Montero Basadre e mais eu, Sabela Núñez Singala.

QUE?

Que queremos facer? Pois estamos intentando xuntar material escolar que resulte económico, sinxelo, que ocupe pouco espazo, teña pouco peso e dea moito xogo…

COMO?

Como imos xuntar o material? Pois contando coa vosa inestimable colaboración e aportacións. Se queredes facernos chegar algún paquetiño para que nós llelo deamos no voso nome non tedes máis que achegárnolo polo medio que creades máis oportuno

CANDO?

Desde cando e ata cando durará o proxecto? Pois andamos xuntando cousiñas desde hai un par de meses (agosto de 2011) e ímolas gardando na casa ata o vindeiro mes de xullo de 2012. Daquela temos previsto viaxar a Ucraína para levarlles en man os agasallos ós nenos e nenas dalgúns orfanatos dese país cos que contactamos previamente.

POR QUE?

Por que nos deu por isto? Pois ocórresenos artellar este proxecto porque nos damos de conta de que hai moitos nenos e nenas no mundo con grandes carencias de bens materiais (que a nós nos sobran e podemos compartir con eles) ó tempo que gozan de importantes valores como pode ser a gratitude (que a nós tantas veces nos falta e que poden compartir con nós).

Por iso definimos “Mochilinhas de cores” como un proxecto de axuda mutua pois tan importante e necesario é para nós todo o que xa nos están aportando como poden ser para eles os humildes agasallos que lles levemos…

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Sabela / Mai 24 2012 12:21 am

    Que sorpresa!!!
    Andaba eu dándome unha voltiña por aquí por ver como ía este tellado e atópome nada menos que co enlace a Mochilinhas de Cores!!
    Moitas grazas por contar con nós e dar a coñecer o noso humilde proxecto entre esta xentiña de por acó.
    Bicos cheos de agradecemento!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: