Skip to content
14/05/2012 / lernolosada

El libro rojo del cole

Álvaro González, 3º ESO

Escrito por Bo Dan Andersen, Soren Hansen e Jesper Jensen, e publicado en 1968, primeiro en Dinamarca e logo nos países europeos occidentais, chegou a España con 10 anos de atraso.

Esta monografía tivo moito éxito porque tratou sobre temas que lle interesaban a unha xuventude europea que descubrira o poder que tiña. Trata sobre o sistema educativo, as drogas e o sexo, polo que en España un exemplar é unha reliquia debido ós secuestros que sufriu este libro que provocou o primeiro escándalo educativo da “democracia”.

Recomendo o libro non pola información do sexo e das drogas (que niso agora non hai problemas en conseguir información), se non pola información (algo anticuada pero que aínda hai partes que concordan) sobre o sistema educativo e sobre o poder da xuventude. Así di:

“Os valores do sistema escolar son os valores desta sociedade: a disciplina do medo, a lei do máis forte, a insolidariedade e a burremia”.

“O sistema educativo ten dous fins: 1º-Amestrar ós rapaces para que aprendan a pensar, xulgar, sentir segundo unha determinada escala de valores. 2º-Preparalos para que de maiores poidan ser obreiros, técnicos, profesionais,etc.”

“Os adultos son tigres de papel”

“Quen avalía ós avaliadores?”

“Para quitarse de enriba as responsabilidades e facerte sentir que é culpa túa se non aprendes na escola, os profesores póñenche deberes para facer en casa.”

O libro está en pdf na páxina web Marxismo en red.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: