Skip to content
10/05/2012 / lernolosada

Marcos Taracido: “cando teño una idea, escríboa, cando me xurde una imaxe, póñoa”

Entrevista a Marcos Taracido, escritor e profesor

Martín Duro (4º ESO), Sara Bugallo (1º Bach.) e Laura Filloy (1º Bac.)

Que é o que ves na literatura?

Realmente non o sei. (risas). O que vexo na literatura é una maneira de comunicarme e de escribir o que necesito nos momentos en que me xorde. Non é un proceso consciente ó que recorra, simplemente cando necesito escribir algo fágoo.

Que te incitou a escribir?

Pois o mesmo, é dicir, eu non me lembro do momento exacto de cando comecei a escribir, sei que o fixen dende pequeno e supoño que as historias que lía e todo o que vía nas películas levábanme a escribir pequenos relatos. É una especie de mimese do que vía e o traspasaba as miñas historias en papel.

Cando te comezaches a interesar pola lectura?

De pequeno, non sei exactamente dende cando. Lembro que na miña casa non había moitos libros. Precisamente grazas a un relato que escribín e gañei un concurso no colexio, un tío meu regaloume “La isla del Tesoro”, é a miña primeira lembranza de ter un libro propio que me gustara moito.

Que farías para incentivala?

Nada, poñer libros a disposición dos que queiran ler, nunca obrigar. Simplemente deixar os libros diante dos rapaces e darlles a oportunidade de ler.

Hai algún libro que marcase a túa carreira literaria?

Eu diría que non. O recordo que teño dende pequeno é o de “La isla del Tesoro”, que eu creo que é un recordo máis mítico que real, non creo que fose un libro esencial para min. Son os libros que me gustan en cada momento os que me inflúen e me animan a escribir, e inspíranme para escribir outras cousas. Pero ningún libro en especial.

Recomendarías algún aos Retelladores?

Digo o mesmo que dixen antes (risas). O que faría é animar aos Retelladores a que lean todo o que poidan, e que se despois dunhas páxinas, non lles gusta o libro, que o deixen e collan outro. Ata atopar o libro que lles guste.

En relación co libro “Leve Historia do Mundo” que te levou a escribir relatos tan curtos e dispares entre si?

Non é un proceso consciente, eu non penso canto me vai levar a historia que se me ocorre nun momento determinado. As historias aparécenme na mente. Eu doulle a forma que me sae da mente, case sempre moi curtas. Esa é a miña forma de escribir.

En relación co libro “Tratado del miedo”; o texto precedeu ás ilustracións ou foi un traballo conxunto?

Non, precedeu, e con bastante tempo. Non tiña pensada unha ilustración, nin o formato cómic. A idea xurdiu, e entón si lle din formato para cómic e ilustración.

Estás a escribir algún libro na actualidade?

Estou a escribir. Libro non, polo mesmo polo que os outros non os escribín pensando nese formato, simplemente cando teño una idea, escríboa, cando me xurde una imaxe, póñoa. Non sei se algunha vez o que estou agora mesmo a escribir, porque escribo pouco, acabará nun libro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: