Skip to content
03/05/2012 / lernolosada

Skulduggery pleassant, o detective esqueleto

Daniel Garrido, 2ºA Bach

De todas as sagas de libros que lin, a que máis me enganchou fai a saga de Skulduggery pleasant, escrita por Derek Landy, irlandés de fino e cómico humor.

No mundo da novela existe a maxia, sendo Irlanda o seu berce e vivindo neste momento unha etapa de “paz” despois da mortal guerra contra Mevolent, un poderoso mago que quixo dominar o mundo. Estando o mundo máxico apartado secretamente do normal, controlado por Santuarios en cada país ao longo do Mundo.

Skulduggery pleassant é un personaxe atípico, un esqueleto vivinte ególatra cun pasado escuro que se adica a investigar, a veces para o Santuario, a veces porque el así o decide por si mesmo, sobre asuntos máxicos relacionados con asasinatos, desaparicións e todo o relacionado cos seus antigos inimigos que pertenceron ao bando de Mevolent e que pretenden destruír o mundo.

Nas aventuras e desventuras de Skulduggery, un personaxe solitario de poucos amigos, ronda como acompañante Stephanie Edgley, “Valquiria”, que desde que se ve envolta, non quere separarse deste novo mundo aberto a infinitas sensacións (como os retelladores).

Un exemplo do seu humor é mesmamente esta parte da recensión dos seus libros: ” Antes de escribir esta novela juvenil sobre un esqueleto detective de lo más elegante Dereck Landy creó los guiones de dos películas. Una de zombis y otra de crímenes, en las que todo el mundo muere al final (..) Dereck vive a las afueras de Dublín, y la razón por la que ha escrito su propia reseña biográfica es que así puede, al fin. referirse a si mismo en tercera persona sin parecer petulante o un chiflado”.

Dor, torturas, sangue, morte non quedan afastados destas novelas, nas que criaturas como zombis, vampiros e outros seres fantásticos e extraordinarios aparecen, como “Los Sin Rostro”.

A miña opinión persoal é que esta saga mellora co tempo como, segundo din, o bo viño. Os personaxes vólvense máis adultos, complexos e escuros, os capítulos vólvense máis sanguiñentos e sorprendentes.

Empezando hai máis de tres anos e estando hoxe mesmo lendo o quinto libro, podo dicir que teño gañas de acabar de escribir estas palabras para reenganchar a novela e gozar das páxinas que aínda me quedan, despídome cun cordial saúdo e volvendo a recomendarvos estes máxicos libros.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: