Skip to content
27/04/2012 / lernolosada

Carlos Negro cos Retelladores/as do Galiñeiro

Sheila Carbia, 3º ESO (texto); Martín Duro e Abel Carbajal, 4º ESO (vídeo)

Carlos Negro fixo unha visita ó noso clube de lectura o martes 24 de abril.

Presentouse. Falounos de como nacera Makinaria, comentounos como o foi escribindo, e mostrounos o que el chama: “os seus coches fetiche”.

Comezounos a interpretar o libro, deixándote levar ó mundo das sensacións dun rapaz adolescente con demasiada ansia de adrenalina.

Conforme paraba en cada capítulo, poñía máis coches de cores variadas na mesa, ata que, no final do libro, nos confesou o por que de tanto cochiño. Os vehículos representaban os mozos mortos nas estradas en só un ano.

A verdade é que nos impresionou a todos moito cando nos pasou a cada un de nós, un envase amarelo dun ovo de chocolate.

Cando todos tivemos nas nosas mans este regalo, abrímolo. En cada un deses ovos, gardábase unha frase de amor. Cando as lemos, devolvémoslle o envase e despedímonos del.

Foi unha excelente maneira de SENTIR Makinaria e poder comprender todo o que esta historia contén.

Advertisements

2 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Martín Duro 4ºB / Mai 4 2012 9:04 pm

    Ola, xa teño a versión subtitulada do vídeo. Está na miña canle en Youtube e ademáis deixovos aquí o enlace do vídeo (http://www.youtube.com/watch?v=YE0r-c_zZnQ&feature=youtu.be)
    Un saúdo

  2. lernolosada / Mai 6 2012 10:15 am

    Moi bo traballo Martín, non falta nada. Parabéns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: