Skip to content
26/04/2012 / lernolosada

Poderosa, de Sérgio Klein

Sheila Carbia, 3ºA

Sérgio Klein foi un autor brasileiro, tanto de contos coma de poemas. Nacido en 1963 e falecido no 2010, recibiu numerosos premios polas súas publicacións, entre as que destacan: Tremendo de coragem, Uma jamela no espelho, Poderosa 2, 3, 4 e 5. Os seus libros foron traducidos a diversos idiomas: galego, castelán, italiano…

Poderosa é un libro fantástico, con matices reais e irreais, con situacións cómicas e tristes. O libro describe o día a día dunha rapaza adolescente (Xoana Dalva), cunha vida algo rara. O rumbo da historia vese afectado cando ela descobre que o que escriba coa súa man esquerda, se fai realidade.

Con este estraño poder, descobre a sensación de poderío, pero pronto se decata da realidade: Xogar a ser superior leva consigo moitas responsabilidades. Neste libro, descobre o seu gran amor, fai unha “nova amiga”, que é a súa avoa.

Paréceme un libro interesante dende o meu punto de vista porque a fantasía ás veces se pode facer realidade. Recoméndollo a aquelas persoas que se queiran somerxer nunha historia fascinante.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: