Skip to content
22/04/2012 / lernolosada

Carlos Negro, unha breve presentación

Este martes ás 15 horas, os retelladores teremos a sorte de recibir a visita de Carlos Negro:

Carlos Negro naceu en Lalín en 1970 e, tal como escribe na súa autobiografía, da súa infancia recorda entre outras cousas os caramelos de nata (a peseta a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de pecho!) e os partidos de fútbol nas leiras (antes da especulación urbanística).

De neno falaba castellano porque era un niño bueno. De rapaz lía os clásicos ilustrados de Bruguera, os Hollister e os Cinco, e tebeos como Mortadelo y Filemón, Capitán Trueno ou Asterix. Como el mesmo di: “fun descubrindo que a lectura me permitía medrar máis rápido e máis lonxe ca ninguén do meu redor. Así abrín os ollos e volvín nacer”.

Estudou no Instituto de Lalín, gardando un bo recordo dalgúns profesores que o animaron a estudar Filoloxía en Santiago. En Compostela aprendeu da vida e recuperou a memoria da lingua.

Publicou os seus primeiro textos, relatos breves, en revistas universitarias como Ólisbos. Desde 1996 é profesor, “o cal non significa que sexa mestre de nada, agás da ilusión en ensinar a non perder a esperanza”.

A mediados dos noventa comezou a escribir poesía, publicando o seu primeiro poemario en 1998: as laranxas de alí babá. Despois viñeron Far-West e Héleris. Participou activamente na mobilización contra o desastre do Prestige: “non puiden deixar de cuspir versos contra a Burla Negra, desde a rabia e a indignación”.

No 2008 viu a luz Cultivos transxénicos, premio de poesía Victoriano Taibo e no 2010 Abelcebú: “un peido diabólico na parte traseira do sistema literario”.

Makinaria, o libro de poemas que o trouxo ao Losada, publicouse en Xerais o ano 2009. Un orixinal e potente cachón de palabras para que xente coma nós cheguemos a vellos.

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Tania Rey 1º Bach / Abr 26 2012 3:34 pm

    Estivo moi ben a posta en escea do seu libro ‘Makinaria’. Foi moi entretida, facéndonos participar a nós tamén, e moi amena. Tamén dou o seu punto de intriga co tema de o ‘ porqué dos coches ‘.
    Como ben di o título, foi unha sorte que viñese. Un saúdo 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: