Skip to content
13/04/2012 / lernolosada

Moncho Valcarce O cura das Encrobas, de Brais do Castro

Álvaro González (3ºA)

Brais do Castro escribiu entre outros libros: Rebelde con causa? Hasta la victoria siempre, Coa mosaca detras da orella ou Contos que nunca tal foron.

O libro é unha biografia, en base a numerosos testemuños, sobre Ramón Valcarce, publicado no 2003 na editorial Novos Vieiros e escrito en galego (orixinal).

Ramón Valcarce era un cura que non era un calquera. Ademais da Biblia leu primeiro a Castelao, Rosalia do Castro e logo leu a  Marx, Lenin, etc. Era un revolucionario e un loitador polos dereitos do pobo. Nunca aceptou a paga que lle daba o estado, trataba ós curas de sotana como “colegas disfrazados”, usou a igrexa como teatro e auditorio, nas súas misas el miraba ós seus fregueses e discutiase sobre temas sociais, usou a casa do cura como refuxio de antifranquistas (entre eles o mártir Moncho Reboiras) e participou en loitas como a das Encrobras, onde os labregos armados con paraugas e fouces pararon á garda civil que viña a quitarlle as terras.

Moncho destaca por ser un home do pobo: humilde (non buscaba o liderazgo senon que ía axudar), que falaba en termos que entendía a xente e ademais era unha boa persoa xa que ía tomar uns viños cos gardas civís que lle arreaban. Sufriu prisión, multas e o exilio en Salamanca, pero foi fiel á causa que seguía: o galeguismo e o socialismo. Morreu o 1 de febreiro de 1993 vencido polo cancro.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: