Skip to content
20/03/2012 / lernolosada

Unha viaxe moi agradábel e frutífera por terras de Celanova e Ourense

O 13 de marzo, a pesar de ser martes e 13, pasamos unha xornada moi pracenteira e interesante polas terras de Celanova e Ourense. O tempo acompañou, pero sobre todo a compañía. Os retelladores e as de arte de 2º de Bacharelato formamos un grupo tranquilo e curioso, capaz de aprender sen esforzo, de mirar e gozar coa beleza da literatura e das pedras. Así dá gusto viaxar.

Tivemos a sorte de contar cunhas guías amenas e entusiastas, e moi amables. Paula amosounos a Casa de Curros (ao final do vídeo) e propúxonos un xogo de procura de fragmentos de Longa Noite de Pedra polos comercios de Celanova (mentres os profes torrábanse mirando o mosteiro, que privilexio!). De seguido, visitamos o mosteiro e a preciosa capela mozárabe de San Miguel. Hai que entrar nela para apreciar toda a súa beleza e harmonía, que bonita!! A igrexa do mosteiro, coa súa impoñente e lixeira cúpula, os claustros, as escaleiras… Todo un canto ás cousas ben feitas, con gusto, eternas. Algúns mesmo tivemos o enorme regalo de comer entre as arcadas do claustro Vello.

E aínda houbo máis. Grazas á amabilidade do profesorado e das bedeis do Instituto de Celanova fixemos unha sesión exclusiva de lectura informal na admirable biblioteca do IES, antiga biblioteca do mosteiro. Quedamos abraiados ante a súa monumentalidade, pero tamén perante o seu dinamismo e confort. Unha biblioteca viva entre pedras seculares. A pesar das incomodidades que poida ocasionar nada é comparable a poder aprender e ensinar nun espazo tan marabilloso, nun edificio que en si mesmo é coma un libro aberto. O poleiro debe seguir sendo un centro educativo!!!

Xa pola tarde visitamos a monumental Catedral de Ourense e fixemos un percorrido (paseamos) polo rueiro de Auria, a cidade de Blanco Amor e outros moitos senlleiros escritores galegos. Rematamos na Ponte Romana, todos saudables e contentos. Que máis se pode pedir? Só por convivir, por compartir un día coma este, xa paga a pena ser membro dos Retelladores do Galiñeiro.

Abaixo tedes algúns dos vídeos que rodou Fernando, montados por Martín.

Preme na foto para ver o album completo

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Paula / Mar 21 2012 4:36 pm

    Encantounos a reportaxe que fixestes da viaxe, graciñas a vós pola vosa visita. Agardamos voltar a veros a todos por Celanova. Un saúdo. Paula

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: