Saltar ao contido
19/03/2012 / lernolosada

Vilamor, de Ignacio Vilar

Sheila Carbia (3ºA)

Vilamor, dirixida por Ignacio Vilar (director de Pradolongo) e protagonizada por Rubén Riós e Sabela Arán.

Breixo (Rubén Riós), un seminarista, volve de vacacións á súa casa, nas montañas. Pero axiña descobre que non todo permanece igual: a Vilamor chegou unha comuna. Comeza a coñecelos, porque a pesares de non compartir moitas ideas, sedúceo a idea de vivir do campo, sen depender de nada, sen propiedade privada e vivindo do seu traballo. Pero todo se complica cando Breixo se decata de que se namorou dunha rapaza da comuna, Sonia (Sabela Arán).

O amor libre, as drogas e o ateísmo rotundo, non están feitos para el… e decide marchar de Vilamor. Despois de moitos anos, Breixo decide volver á terra na que pasou os mellores anos da súa vida.

Unha película para soñar, pensar e vivir o momento. Recomendada para maiores de 7-10 anos, é unha película que permanece na memoria. Baseada en feitos reais, cunha calidade excelente e unha banda sonora impresionante, é unha película fabulosa. Tal e como di: “o importante é o aquí e o agora”.

Deixar un comentario