Skip to content
04/03/2012 / lernolosada

Homenaje a Cataluña, de George Orwell

Álvaro González (3ºA)

Eric Arthur Blair alias “George Orwell” naceu na India británica en 1903. Como non podía pagarse a carreira universitaria entrou a traballar como representante das forzas de orde coloniais en Birmania. A súa experiencia en Birmania converteuno nun antiimperialista, o que reflectiu en ensaios e libros como Los días de Birmania e Disparando a un elefante.

Logo destes episodios vai a vivir pobre en Londres e París, e convértese nun activista a prol da xustiza social. Como periodista vai a España en decembro de 1936 e alístase nas milicias do POUM para loitar contra o fascismo. Logo de vivir os sucesos de Maio de 1937 en Barcelona, volve a Inglaterra como un inimigo dos totalitarismos fascistas e stalinistas que plasmou en Rebelión na granxa. A súa maior obra foi 1984, novela na cal dá a imaxe dun mundo convertido nunha ditadura grazas as técnicas de vixilancia. Estas dúas novelas podémolas ler na nosa biblioteca. Morreu en 1950 de tuberculose en Londres.

Homenaje a Cataluña é un libro que trata sobre as experiencias de Orwell en España. Publicouse en 1938. É unha crónica sobre a Guerra Civil no fronte de Huesca, onde fala sobre a vida diaria nas trincheiras, os ataques, o mal armados e abastecidos que estaban os anarquistas e as milicias do POUM por culpa dos stalinistas e de como se desenvolveu a loita en Barcelona, en maio de 1937, cando os stalinistas do PSUC e o goberno da República decidiron acabar coa revolución dos anarquistas e do POUM. Para non facer propaganda e para centrarse nas súas vivencias, deixou dous apéndices no libro nos cales fala sobre a loita entre CNT-FAI-POUM e os stalinistas.

Creo que o libro é axeitado para quen ten xa unha idea sobre a Guerra Civil e sobre a política daquela época, polo cal non especifico a idade.

Aconsello este libro porque é unha parte importante da nosa Historia pero se alguén non ten interese en ler, recoméndolle a película Tierra y libertad de Ken Loach que transcorre no mesmos lugares e tempos e o protagonista é inglés.

Así describe o ambiente de Barcelona a finais de 1936: “Generales y soldados rasos, campesinos y milicianos se trataban aún de igual a igual; todo el mundo cobraba la misma paga, llevaba las mismas ropas, comía el mismo rancho y llamaba a todos ’tú’ y ’camarada’; no había amos ni criados, ni mendigos, ni prostitutas, ni abogados, ni curas, ni había que lamer las botas a nadie, ni hacer ningún saludo reglamentario.”

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Heladio / Mar 7 2012 5:50 pm

    Álvaro, deixácheme alucinado coa escolla deste libro. Foi toda unha sorpresa (agradable) ver como por propia iniciativa un alumno de 3º da ESO comenta este clásico da Guerra Civil. Noraboa por todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: