Skip to content
03/03/2012 / lernolosada

El gran Gatsby, de F. Scott Fitzgerald

Óscar Pena (1ºB Bacharelato)

Esta novela foi publicada en 1925. Fitzgerald é un novelista estadounidense da época do Jazz. Non escribiu demasiadas novelas, só cinco, aínda que publicou bastantes relatos breves onde fala, por exemplo, da xuventude, ou do jazz (Contos da era do jazz, Rinoceronte). Unha novela, ademais da que nos ocupa, destaca entre as outras, Suave es la noche. Pertence a unha dura xeración que tivo que madurar co desastre que supuxo a Gran Guerra (1914-1918) e sufriu despois a Gran Depresión. Fitzgerald é considerado un dos escritores estadounidenses máis relevantes do século XX.

Esta novela reflicte perfectamente o aire glamuroso e atractivo dos felices anos vinte en Nova York. Nárranse os excesos e festas, o optimismo frívolo dunha sociedade confiada, xusto antes do crack de 1929. Algunha semellanza hai co que está ocorrendo na actualidade.

A historia desta novela desenvolvese e Long Island (Nova York) onde Jay Gatsby, home adiñeirado, posúe unha casa e fai regularmente festas e goza da vida sen máis preocupacións. Este relato esta protagonizado por Nick Carraway, quen por casualidade adquire unha vivenda ao lado da de Jay Gatsby, por sorte (ou desgraza) Nick pasa a ser o veciño de Gatsby que non tarda en invitalo as súas luxosas festas. Pese ao frívolo comezo de relación entre Nick e Gatsby, estes acaban establecendo unha seria amistade, onde Nick pode comprobar que aínda que aparentemente Gatsby, un home adiñeirado sen preocupacións e que goza da vida sen máis, é unha persoa con sentimentos. Un home que, en boa medida, non é feliz. Esas luxosas festas non son mais que un pretexto para estar rodeado de xente e agochar as súas penas. Con esta amizade Nick e Gatsby súmense nunha aventura case que de cine (de feito esta novela foi levada ao cine en varias ocasións) cun desenlace tráxico.

Esta novela é máis que recomendable xa que conta unha historia incrible, moi interesante. Fitzgerald amosa que é un gran escritor describindo perfectamente o ambiente dunha época e a personalidade dos protagonistas, ao mesmo tempo que engancha. Por algo, segundo os críticos, é unha das mellores novelas da literatura.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: