Skip to content
01/03/2012 / lernolosada

Pyongyang e Crónicas de Birmania, de Guy Delisle; Chernobil, la zona, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos

Marcos Taracido

Seguro que ultimamente escoitastes falar da ditadura de Corea do Norte, a morte do seu líder e os problemas bélicos con Corea do Sur. O cómic de Guy DelislePyongyang, é un modo perfecto e divertido de achegarse á surrealista ditadura que oprime aos norcoreanos; Delisle escribiu o cómic despois de traballar alí uns meses nunha empresa de animación por ordenador.

O mesmo autor, viviu un ano en Birmania (Myanmar) acompañando a súa parella que traballaba para Médicos sen Fronteiras. Outra ditadura atroz, e Crónicas birmanas é tamén perfecta para coñecer o que sucede alí: apréndese xeografía, socio política… dun xeito divertido, moi divertido.

E outro cómic de tipo documental é Chernobil, la zona, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos, aínda que este máis escuro e triste, pois é un paseo pola devastación que deixou a explosión da central nuclear soviética en 1986, outro dos feitos cruciais das últimas décadas. A maior catástrofe nuclear da historia da humanidade. A banda deseñada relata a vida de tres xeracións dunha familia afectada polo accidente.

 

 NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: