Skip to content
29/02/2012 / lernolosada

Dublinés, de Alfonso Zapico

Heladio Anxo

O escritor irlandés James Joyce está considerado un dos grandes da literatura universal polo seu libro Ulises. Teño que recoñecer que non o lin, quizais pola sona que ten de obra mestra, pero de difícil lectura. Alfonso Zapico, autor asturiano de Café Budapest ou La guerra del profesor Bertenev, en Dublinés, publicado por Astiberri en 2011, ofrécenos a biografía de Joyce en cómic que, en contra do agardado, resulta do máis entretida.
A vida de Joyce é todo un reto para Zapico, do que sae máis que airoso apoiado nun debuxo orixinal e atractivo que humaniza a figura do protagonista. Un personaxe bohemio e vividor que se relacionou cos mellores artistas e escritores da súa época, no medio dunha Europa convulsa que non afecta ao seu enorme ego. Unha longa viaxe desde o seu exilio voluntario da Irlanda que loita pola independencia, ata a morte en 1941. Unha viaxe na que pasa das dificultades económicas en Trieste á vida bohemia en París, cando consegue publicar a súa obra e ser elevado ao Olimpo dos escritores.
Na banda deseñada móstrasenos tanto as virtudes como os defectos do literato (un crápula bebedor, vaidoso e egoísta), nunha biografía minuciosa e ordenada, que converte Dublinés nunha amena guía para coñecer mellor tamén a súa obra. Só cando o autor abusa das cartelas e dos textos a historia perde ritmo e atractivo, pero isto só ocorre nunhas poucas páxinas, recuperando axiña a liberdade expresiva que lle permite aproveitar con mestría todas as posibilidades narrativas do cómic. Destaca a recreación que realiza de Dublín e das outras cidades onde descorreu a vida de Joyce. Unha historia que pode chegar a todo o mundo, unha vida fascinante.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: