Skip to content
26/02/2012 / lernolosada

O noso San Valentín

Despois dunha reunión adicada á homenaxe de Dickens no 200 aniversario do seu nacemento, con lecturas dalgúns dos seus contos de pantasmas, o 14 de febreiro decidimos celebrar o noso particular Día dos Namorados. O coordinador realizou un sorteo absolutamente limpo, e cada retellador tivo que regalarlle (en préstamo, lonxe do consumismo) un libro ou unha película á persoa que lle tocou en sorte. Isto obrigounos a pensar nos gustos desa persoa, o que non sempre foi fácil, xa que ás veces non tiñamos unha relación moi intensa con ela. Isto axudounos a coñecernos mellor. Foi unha experiencia moi gratificante, na que nos implicamos case o 100% dos membros do club, mesmo aqueles que non poden participar activamente nas reunións periódicas. Unha maneira máis de facer da lectura o centro da convivencia entre os membros da comunidade educativa. Por desgraza non temos moitas fotos, pero ás poucas que tiramos pagan a pena como recordo dun acto entrañable. Que sigamos queréndenos e regalándonos letras bonitas. Preme na imaxe se queres ver máis fotos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: