Skip to content
22/02/2012 / lernolosada

Lendo a Rosalía na Estrada no seu 175 aniversario

Vía Carta Xeométrica

por Pilar García Negro, en Terra e Tempo:

No próximo venres, día 24 de Febreiro de 2012, celebraremos unha efeméride ben especial: o 175 aniversario do nacemento da nosa escritora fundacional, Rosalía de Castro. Con tal motivo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) pon a andar unha iniciativa louvábel: pór de moda, instaurar o costume de, en tal data, agasallar(nos) unha fror e mais un libro en galego. O día de Rosalía e o día do libro galego, se callar social e institucionalmente, será un bon complemento para a celebración do Día das Letras Galegas, centrado nunha figura particular da nosa literatura, día que debera volver, coidamos, a ser laborábel, para que pudese ser feriado de verdade na honra da literatura galega, con actos na rúa e no ensino, como noutrora, e non pretexto para pontes turísticas onde fica totalmente esquecido o pretexto que as provoca. Este artigo quer se facer eco de tan feliz iniciativa e desexar que centros de ensino, concellos, asociacións culturais… se sumen a ela e a continúen en anos vindoiros. Oxalá que funcione como san antídoto de tanta alienación pseudocultural, de tanta españolía imposta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: