Skip to content
26/01/2012 / lernolosada

O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey

David Botana, Daniel López, Alexandre Stagnitta

O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Manuel Uhía, foi publicado por SM no ano 1999 na súa primeira edición, dentro da Colección O Barco de Vapor para lectores novos. A autora é das máis lidas polo público infantil e xuvenil. Mestra de profesión, ten escrito tamén obras de teatro, libros de investigación etnográfica sobre gastronomía galega e colaborado en revistas e prensa. As súas novelas foron traducidas a moitos idiomas, recibindo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ‘O misterio dos fillos da Lúa’.

No libro que libros os protagonistas da novel anterior viven un novo misterio. Un deles, David, é quen nos narra en primeira persoa como el e seus amigos descobren, pista a pista, a causa dos ruídos que se escoitan no vello cemiterio da vila. Ao tempo fálanos da súa familia, dos veciños, da escola e mesmo da súa gata Lúa.

A nós pareceunos un libro moi interesante, raro pero moi divertido. Gustounos moito, sobre todo cando conta como a esqueira lle tronzou o pescozo á gata Lúa e David choraba porque a quería moito. Tamén nos gustaron os títulos dos capítulos, como ‘Non se pode ouriñar no valo do camposanto’. Pasámolo ben léndoo e recomendámosllo aos rapaces e rapazas máis novos.

 (…)

Moi lonxe víase algo que se movía cara á nós. Era un vulto moi escuro.

Metémonos detrás dos contedores do lixo e agardamos a ver que pasaba.

– ¿Será un espírito?

– Non sei. Ó mellor é unha pantasma.

– Non, que as pantasmas son brancas.

– Ten unha luz na barriga.

– ¿Seguro?

– Non sei. Non se ve ben e non quero bota-la cabeza. Se sabe que estamos aquí…

Púxenme de xeonllos enriba dun cartón enchoupado de auga e asexei polo outro lado dun contedor.

– ¡Branca, creo que é unha alma!

– Agóchate David. Non nos pode descubrir.

Eu nos sabía se nos vira e entroume calor no peito. Non puidera mirar de todo, pero non era unha persoa. Tiña uns pés enormes. Creo que verdes, aínda que como estaba tan escuro non llos vin ben. Tiña o corpo moi negro e na barriga e nas pernas levaba luces. Non lle puiden ve-la cara. Arrimeime a Branca. Para que non se asustase díxenlle baixiño:

– Creo que é un morto. Non mires. Pecha os ollos ata que se vaia -eu tamén os pechei.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Tania Rey 1º Bach / Xan 26 2012 9:48 pm

    Que recordos. Este libro lino fai algúns anos e gustárame moito, recoméndoo! Un saúdo 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: