Skip to content
23/01/2012 / lernolosada

¿Que me queres amor?, de Manuel Rivas

Manuel Rivas é o autor de máis éxito da literatura galega, cunha longa traxectoria como xornalista, destaca tamén polo seu compromiso social, participando activamente en movementos sociais ecoloxistas e galeguistas como Nunca Máis.

Este libro de relatos é xa un clásico da literatura galega. Publicado pola editorial Galaxia, en 1995 foi Premio Torrente Ballester e en 1996 Premio Nacional de Narrativa. Traducido a máis de vinte e cinco linguas diferentes, mesmo ao mandarín, en galego leva vendidos máis de 60.000 exemplares. Consta de dezaseis relatos breves, tres dos cales (A lingua das bolboretas, Carmiña e Un saxo na néboa) deron pé á fermosa película de José Luis Cuerda ‘A lingua das bolboretas‘ (1999), que tamén está a rodar un filme baseado na última novela do autor, ‘Todo é silencio‘ (2010).

Os relatos que conforman esta antoloxía teñen como fío condutor o amor. Sendo todos os contos aparentemente moi diferentes encaixan uns nos outros á perfección, construíndo un puzle cheo de lirismo e humanidade. Cada relato ten o seu propio contexto, pero iso non impide que ao rematar a lectura teñamos a sensación de ter lido unha única historia, unha historia eterna de amor e desamor. O cotiá da Galicia intemporal elevado á excelencia literaria coa maxistral narrativa dun autor capaz de describir con gran habilidade os máis íntimos sentimentos sen caer nunca na simpleza. Un pracer para os nosos sentidos, unha lección de vidas.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: