Skip to content
21/01/2012 / lernolosada

Enderezo descoñecido, de Kressmann Taylor

Enderezo descoñecido é unha moi breve novela epistolar publicada en 1938 nos Estados Unidos. A súa autora pretendeu ao escribila denunciar o que estaba pasando na Alemaña nazi cos xudeus, ante a indiferenza do resto do mundo. Tivo que asinar con pseudónimo xa que a historia considerábase moi dura para ser obra dunha muller.

As cartas entre dous amigos, un xudeu estadounidense e un alemán que regresa a seu país no ano 1932, transmítenos con sinxeleza e claridade como o nazismo se apropiou non só do poder, senón tamén das conciencias de moitos alemáns, que se sumaron á tolemia nazi cunha naturalidade espantosa. Podemos comprender como a xente ‘normal’, coma nós, pode chegar a sumarse a un réxime de terror cegamente, esquecendo os principios éticos máis básicos. Sempre hai unha escusa para xustificar o inxustificable.

Coa lectura da novela (pero tamén do prólogo do fillo da autora, que non ten desperdicio) decatámonos que o nazismo, como calquera réxime de terror, non é obra dun ser maléfico (Hitler neste caso) capaz de manipular a toda unha nación senón que necesita contar coa complicidade de boa parte da sociedade e coa indIferenza doutros moitos, alleos ao dolor dos demais. Temos que ser conscientes de que todos podemos caer na trampa do fascismo, temos que estar sempre vixiantes para non perder a dignidade.

(abaixo tedes un cuestionario para traballar a novela)

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

3 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Rubén Prol / Xan 24 2012 4:07 pm

    Un libro curto pero excelente. Mostra perfectamente o terror nazi xa nos anos 30.

  2. Daniel Garrido López / Xan 30 2012 7:41 pm

    O nazismo, recordo amargo do século vinte, mostrasenos en este libro de forma especialmente dura e significativa , mostrando como o nacismo se extendeu rapidamente na mente de moitas persoas que primeiramente só quería vivir mellor e sair da crisis na que o seu país se atopaba.
    Trás a primeira guerra mundial, alemáns resentidos por que Alemania se rendese votaronlle a culpa de esto aos Xudeos,
    En este relato móstrasenos como un alemán ao voltar a Alemania perde a conciencia social que tiña, adquirindo as ideas de que os alemáns son un pobo superior e os xudeos son culpables dos males do seu país e de todos os males do mundo.

    Con resultados tráxicos, mostrando no só o que sentían os nazis hacía aos xudeos, senón tamén como os naziss ante a posibilidade de que alguén simpatizase cos xudeos xa o aniquilaban, mostrando o control que tiñan tanto social como de facto, ao poder exterminar a quen quixesen sen sentir nada máis que satisfacción polo deber cumplido.

    Un libro como exte antes do ano 32 atestiguaba o que estaba pasando namentres que a maioria da xente quedaba indiferente, documentos pseudo-historicos como Enderezo descoñecido de kessmann Taylor e a película “El gran dictador ” de Charles Chaplín son obras indispensables que testemuñan que o horror sufrido se podería ter freado ou reducido.

    • lernolosada / Xan 31 2012 1:21 am

      Moi bo camentario Daniel, nótase que sabes como funcionan os mecanismos de control social. Unha das leccións do libro, é que calquera de nós pode ser Martin. Hai que estar sempre en garda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: