Skip to content
20/01/2012 / lernolosada

Resistencia, de Rosa Aneiros

VÍA TRAFEGANDO RONSEIS, por Ainara García Doval

Pareceume unha historia interesante, sobre todo polo feito de contar a situación política e social de Portugal durante case un século a través da vida de distintos personaxes pertencentes á mesma familia pero de diferentes xeracións, así como a influencia que esta pode chegar a ter na vida das persoas, sobre todo nun sistema fascista como foi o que se deu en Portugal, no que as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano non permitían ningún tipo de liberdades.

En relación coa situación política, tamén se trata o tema das colonias en África, outro dos motivos qeu levan á separación de Dinís e Filipa, e na que a autora parece expresar por medio das opinións de Dinís o absurdo desas guerras coloniais xa ben entrado o século XX, cando Europa está en proceso de cambio e Portugal semella quedar estancado polo seu réxime político.

Tamén me pareceu interesante a descrición da vida dos presos políticos nos cárceres, onde estaban illados e nunhas condicións de vida infrahumanas. A pesar disto, apréciase a solidariedade dos uns cos outros por moitas diferenzas que puidese haber entre eles, e a loita interna que levan a cabo, sempre buscando unha esperanza e resistindo clandestinamente ao réxime. Unha das cousas que máis me chamou a atención relacionada con isto é o feito de que deixasen de comunicarse con eles, porque me parece unha forma de crueldade case peor que as torturas ás que os sometían, xa que a pesar de que a comunicación que mantiñan co exterior era sempre revisada e sometida á censura, polo menos tiñan unha vía de escape que non estivese relacionada coa prisión.

Por outra parte gustáronme as distintas historias que se suceden ao longo da novela, xa sexan de amizade, coma a de Aaial, Miguel da Silva e Dinís; de amor secreto entre Isaura e Antonio Gonçalves; a historia de amor non correspondido de Ana Barbosa; e por suposto a de Filipa e Dinís, a de un amor que perdura nas súas mentes sen sequera saber se o outro seguirá vivo ou se o seguirá querendo como antes de que todo acontecese.

Tamén me chamou a atención a historia de Leonor polo feito de ser unha especie de personaxe espectador ao redor do cal técense todas as historias, e cuxa vida semella estar marcada polas palabra contidas nas cartas.

Porén, o que máis me gustou do libro é o ben documentada que está a historia: os lugares, as revolucións, a guerra colonial…

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. santi / Feb 6 2012 10:01 pm

    este libro é un xoia.
    lino xa fai 3 anos e encantoume. recomendollo a tod@s lectores que lle gusten as historias de drma e romanticismo.
    Moi bo libro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: