Skip to content
19/01/2012 / lernolosada

Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz é dos autores máis prolíficos e premiados da literatura xuvenil galega. Moitas das súas novelas son de lectura obrigada nos centros educativos, acadando un gran éxito entre os adolescentes. Sen embargo, a última obra publicada polo autor, a novela Non hai noite tan longa, diríxese tamén a un público adulto.

Noite de voraces sombras, publicada por Xerais no 2002 reúne todas as características da obra xuvenil de Fernández Paz. A escritura sinxela (que non fácil), a trama limpa e con intriga, o protagonismo dos adolescentes en pleno camiño cara a madurez, a preocupación polos temas políticos e sociais, son unha marca da casa que garante unha lectura pracenteira que nunca defrauda, mesmo aos lectores máis curtidos.

A protagonista e narradora da novela que nos ocupa é Sara, unha rapaza de 16 anos, que ve alterada a súa rutina co descubrimento da vida dun tío avó que a transporta ata a Guerra Civil. O descubrimento do amor, a paixón, a importancia da memoria, son os eixes dun argumento aparentemente intranscendente, pero que non deixará indiferente aos lectores sensibles. Ao mesmo tempo que Sara non conta a súa viaxe ao pasado que muda o seu presente, os compañeiros da viaxe (os lectores) identificámonos coas súas accións e cos seus sentimento. Para os máis novos o camiño percorrido xa forma parte do seu presente e do seu futuro, para outros só é un recordo.

Unha historia fermosa e emocionante que amosa a necesidade da memoria para construír algo digno, a nosa propia vida.

O corazón deu en baterme con forza e sentín que me disparaba a imaxinación ante o misterio que tiña diante. ¿Como podería acceder a aquela especia de cámara secreta?

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

2 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Sheila Carbia Tejo 3ºESO A / Xan 24 2012 3:49 pm

    É un libro moi interesante. Pareceume un bo entretemento, que me mantivo en vela gran parte da noite, A historia remata coma poucas. É realista no sentido de que non remata co típico de “e foron felices e comeron perdices”.
    A parte que máis me gustou foi cando Sara descobre as cartas… E a lectura destas.
    Encantoume(a pesares das olleiras do día seguinte, jajaj…)

  2. Sheila Costa e Andrea Bouzas / Xan 24 2012 3:59 pm

    A nos o libro pareceuno moi bo e entretido, xa que ten unha protagonista adolescente que descubre unhas cartas do seu tío falecido fai uns anos atrás, cunha moza coa mesma profesión ca el, a de mestre. Foi un libro moi fácil de leer, recomendámosvolo. Un saúdo de Sheila e Andrea. (:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: