Skip to content
05/01/2012 / lernolosada

Conta contos no Figueiroa

O pasado 20 de decembro do 2011 unha amplísima representación dos retelladores e retelladoras acudimos ao CEIP de Figueiroa para contarlle uns contiños aos nenos e nenas. Ademais dos contistas, tivemos tamén unha presentadora e un equipo de audiovisuais que gravou o evento en vídeo.

Nas semanas anteriores seleccionamos as lecturas e cada un dos entusiastas conta contos ensaiou o que puido entre exame e exame. Para o pouco tempo que tiveron para prepararse, a verdade é que o fixeron xenial. Noraboa a todos.

Dividímonos en grupos de 5 ou 6 conta contos para cada unha das tres sesións: alumnado de infantil de 3 anos; alumnado de infantil de 4 anos e alumnado de 2º A de Primaria. A verdade é que foi unha actividade do máis gratificante, todos os conta contos o fixeron moi ben e a acollida foi magnífica. Desde aquí queremos dar as grazas a todo oprofesorado do Figueiroa e non podemos máis que desexar continuar con esta colaboración nas datas futuras.

Conta contos no Figueiroa (20-12-2011)
Advertisements

3 Comentarios

Deixar un comentario
  1. uxia bravo rey 3ºesoA / Xan 10 2012 3:39 pm

    As fotos de Figueroa son muy bonitas!!! notase que os contos lle gustaron aos rapaces por que se ven moi atentos jejeje poñianlle moito interese vianse contentos e os lectores tamen se o merecian por q segun me dixeron leron moi ben.

  2. Daniel López Iglesias 1º E.S.O.B / Xan 24 2012 3:59 pm

    Eu paseino moi ben no figueroa

  3. alxandre / Xan 24 2012 4:01 pm

    a min pareceume moi bonito contarlles contos aos rapaces do Figueroa xa que eu fun disfrazado do APALPADOR. Foi unha experiencia bonitísimo.RECOMENDAMOSVOLA.,¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: