Skip to content
11/12/2011 / lernolosada

Encontro con Papalibros en Compostela

Sara Pereiras, Carla Pena, María Torres, Laura Rosende

O 24 de novembro fomos a Santiago para vernos co club de lectura do IES de Melide, Papalibros. Só puidemos ir 23 retelladores e retelladoras, así que a viaxe no bus foi moi cómoda. Ademais fixo un día precioso.

Nada máis baixar do autobús na Alameda, os profesores déronnos un plano de Santiago e unhas preguntas para contestar. Dividímonos por grupos, e o que gañara o rastrexo (chegara antes e con todas as respostas correctas á Facultade de Historia) tería un 50% de desconto na entrada do cine da tarde. Gañaron Adrián, Álvaro, Santiago e Víctor, pero por moi pouco. Corremos moito pola zona vella pero pasámolo moi ben.

Arredor das 10,30 chegaron os de Melide, 40 rapazas e rapaces, a maioría moi pequenos, de 1º da ESO. Despois de visitar a monumental e antiga biblioteca da Facultade de Historia (impón un pouco) fomos cara a modernísima biblioteca Ánxel Casal. O contraste foi grande pero as dúas teñen o seu encanto.

Primeiro reunímonos os dous clubs no Salón de Actos. Fomos nós os que comezamos presentando o noso Instituto. As dúas Sheilas, Andrea, Adrián e Sara fixérono moi ben. Para completar a nosa ‘actuación’ Sara Bugallo, Laura e Álvaro leron os terroríficos relatos de Samaín. A verdade é que estivemos moi ben representados.

Cando os Papalibros conseguiron por fin proxectar a súa presentación o que máis nos sorprendeu foi a súa biblioteca, grande, con dous andares, bonita, con mobles de colores… Á nosa témoslle cariño, pero necesita unha modernización.

A seguinte hora estivemos paseando e botando unha ollada aos fondos da biblioteca. É unha biblioteca diferente, con grandes cristais e con mobiliario moderno e confortable. Aínda que non leas, é un pracer estar nela, sobre todo na sección de infantil que foi a máis visitada (é que somos como nenos!). Paseamos por tódalas seccións, sorprendidos pola cantidade de fondos expostos (banda deseñada, xornais, revistas, libros de todo tipo, películas, ordenadores, etc.), falamos baixiño e quedamos con ganas de volver. Comprobamos que unha biblioteca pode ser un lugar moi atractivo, divertido, mesmo para os que non acostuman ler.

Ás 13,30, mortos de fame, subimos no bus ata a Cidade da Cultura, toda para nós. Xantamos e exploramos un pouco por alí. É moi grande, espectacular, pero soa a oco. Cando rematamos de xantar reunímonos por idades os dos dous clubs e falamos dos nosos gustos lectores e do libro que cada un estaba a ler. Cando comezabamos a facernos amigas das de Melide, xa era hora de ir cara os Cines Compostela.

Preme na imaxe para ver máis fotos:

Encontro Papalibros-Retelladores (24/11/2011)
Advertisements

2 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Tania Rey 1º Bach / Dec 12 2011 3:57 pm

    A biblioteca dos Papalibros está xenial, e polo que vin o que máis lles gustou a todos foron os sofás, a cor e que tivese dous andares.
    A biblioteca Ánxel Casal é impresionante, nunca pensei que me fora a gustar tanto unha, sobre todo a sección de películas!! Eu e duas compañeiras máis, aínda nos paramos na entrada para deixar anotadas recomendacións de libros, películas e música. En fin, foi unha gran excursión.Un saúdo!

  2. uxia bravo rey 3ºesoA / Xan 10 2012 3:56 pm

    Notase que a excursion foi divertida, que o sitio e bonito e q hai moitas cousas preciosas o que mais lle debeu molar foron os asientos ,os libros a alguns…e tamen os libros para pequenos jeje.Notase que se divertiron e que o pasaron ben debe ser divertido.un saùdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: