Skip to content
01/12/2011 / lernolosada

El olvido que seremos, de Héctor Abad Faciolince

Heladio

Este libro, publicado por Seix Barral en España, deixoumo Lupe cando estaba a dar os primeiros pasos polo Losada. Non coñecía nada do libro, nin do autor, aínda que polo que máis tarde me comentaron outros compañeiros souben que era moi lido e valorado. Custoume entrar na súa lectura, quizais porque colleume nuns días de moito traballo e estiven a piques de deixalo, pero pouco a pouco fun entusiasmándome e rematou calando en min.

Héctor Abad Faciolince escribiu este libro dúas décadas despois do asasinato do seu pai, non puido facelo antes. Unha homenaxe ao pai para curar a dor da súa perda: ‘Me saco de adentro estos recuerdos como se tiene un parto, como uno se saca un tumor’, xa que di: ‘Amaba a mi padre por sobre todas las cosas… Amaba a mi papá con un amor animal. Me gustaba su olor, y también el recuerdo de su olor… Me gustaba su olor, me gustaban sus manos, la pulcritud de su ropa y la meticulosa limpieza de su cuerpo’.

Héctor Abad (1921-1987) foi un médico diferente, que adicou a súa vida ao compromiso cos máis pobres, loitando pola paz e a xustiza social nun país envelenado, aínda hoxe, polo despotismo da oligarquía, a violencia e a impunidade. Ameazado moitas veces, tivo que exiliarse, pero non calou. Ata que o 25 de agosto de 1987 dous sicarios o mataron na súa cidade, en Medellín. Tiña 65 anos e no peto do pantalón levaba un soneto de Borges, ‘Epitafio’, cuxo primeiro verso di: ‘Ya somos el olvido que seremos’.

Sendo Héctor o indiscutible protagonista, a particular familia non ten un papel menor. ‘En casa vivían diez mujeres, un niño y un señor’ (así comeza). Particular porque mentres o pai se centra no activismo social, é a nai quen, realista e namorada, aporta o diñeiro necesario á casa. Ela decídeo así con liberdade, sabe que a felicidade dela e dos seus fillos susténtase na felicidade e liberdade do seu home. A familia tamén é particular porque os pais educan a súa prole con apertas e cariño, non medio dunha sociedade patriarcal e violenta en tódolos ámbitos.

Un libro moi bo, pola súa calidade narrativa, pola súa profunda carga sentimental e pola propia vida do protagonista, ‘Cristiano en religión, marxista en economía y liberal en política’. Case nos doe imaxinar ao autor poñendo en orde a súa vida a través deste fermoso exercicio de memoria e amor. Un relato biográfico verídico contado como unha novela e que a vez é un ensaio clarificador da realidade de Colombia que, por desgraza, non cambiou para mellor. Unha historia que se interroga sobre a morte e que sen embargo nos deixa ledos porque transmite AMOR con maiúsculas, VIDA plena e DIGNIDADE. A felicidade só é posible se non traizoamos os nosos sentimentos, se vivimos como pensamos que deben vivir os seres humanos (Howard Zinn).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: