Skip to content
25/11/2011 / lernolosada

25 de novembro: Vida

Grazas a Anxo e Gracia, de Trafegando Ronseis, por estas pingas de sensibilidade, de compromiso e, este ano, de esperanza.

Soños
Esperanzas
Ilusións
Proxectos
Futuro
VIDA

Estas palabras son reais. Existen.
Florecen se ti lles das vida.
Se te permites ter ilusións.
Se deixas que os soños roden.
Se realizas proxectos.
Se conservas as ilusións.
Se creas FUTURO.

Porque esa VIDA lonxe da violencia transcorre ao teu carón.
Dálle a man, nada coa corrente, chega a ese mar de vida que te agarda, con soños, esperanzas, ilusións, proxectos, FUTURO.

Enfróntate á violencia!!

Música: “O noso espazo” Nadadora

Advertisements

4 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Ana Belen / Nov 25 2011 9:30 am

    Todos comentamos que a violencia de xénero non soe estar presente nas casas que nos rodean, sempre dicimos que a violencia está so nas casas nas que a persoa o permite e nos mesmos dicimos que nunca seremos vítimas de ese tipo de violencia, pero a hora da verdade, nadie sabe o que pasará nun futuro,xa que nadie sabe o que ten predestinado,polo que temos que estar atentos con todo o que nos rodea sobre todo a nosa parexa, xa que por moito que dea unha visión de cariñoso ao comezo da relación, nadie sabe se vai acabar por ser un maltratador,porque ata a fera mais agresiva sabe disimular a sua furia cando lle convén.
    Baixo o meu punto de vista as persoas que están dentro da violencia de xénero, non dan a ver o que lles está ocorrendo,as veces por medo e outras por pura vergoña do que dirán, o que é unha decisión incorrecta.
    Todo comeza con unha simple prohibicion que vemos que non ten importancia pero que co paso do tempo,no peor dos casos podese acabar convertendo en outra vitima do maltrato,outra vitima da violencia de xénero que no peor dos casos pode acabar coa morte dunha persoa inocente.
    Cando estamos fora de este problema, ou creemos que estamos fora decimos que nos non seremos vitimas,que tan pronto vexamos que presenta signos violentos pasaremos de todo e deixaremos a parella porque non vamos a sufrir,pero a hora da verdade a maioria da xente non cumpre o que di xa que o amor que sinte hacia esa persoa é superior a moitas cousas das que lle pode ocorrer, pero esto é todo un dos peores erros que pode chegar a facer,porque lles pode causar a perda da sua vida.

  2. Mila Rey / Nov 25 2011 9:32 am

    Sobre a violencia de xénero penso que as mulleres deben non ter medo a falar e a denunciar os maltratadores. E non deben permitir que os homes lle falten ao respecto nin as controlen, pois por eso é por donde empeza a violencia de xénero. Se as mulleres calan e non denuncian os maltratadores acabarán coa súa vida. As mulleres non deben permitir que os homes as pisoten, pois elas valen tanto como eles. As mulleres débense axudar entre elas, axudándose unhas as outras a superar os danos causados polo maltratador

  3. Ana Neira / Nov 25 2011 9:32 am

    Pois para min este e un dia moi significativo posto como muller eu non toleraria nunca que un home me tocase.

    A todas as mulleres que estan nesta situacion, e sobre todo as xovenes o meu consello é que non se deixen pisar, que nos valemos moito máis que estes homes.

    Sei que non é facil, sei que costará máis ou menos peo nos podemos rexurdir como a ave fenix das suas cinzas e poñer fin a esto.

    Non temos porque estar sometidas aos homes, non temos porque rendirlle contas, e mesmo ainda que sexa a nosa pareia non temos porque darlle esplicacións de todo o que facemos.

    Cando tes un neno na casa todo e distinto, non se pode permitir que un home che poña a man encima diante dun neno porque o máis seguro e que de maior acabe sendo como seu pai.

    Por eso eu digolles a esas mulleres, nos podemos seguir permitirndo esto

    di NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

  4. Miguel Sánchez Fernández e Adrián Huseini Pisos / Nov 25 2011 10:13 am

    Parécenos moi interesante as iniciativas dos centros de ensino para darlle fin á violencia de xénero posto que é un problema que está moi vixente hoxe en día en todos os países para as parexas de calquer idade.
    O 25 de novembro é unha data moi importante e señalada posto que se pretende mostrar e rematar coa violencia de xénero a nivel mundial, aínda que nos países máis desenrolados está máis controlada que nos subdesenrolados, pero queda un largo camiño por percorrer.
    Creemos que para acabar coa violencia de xénero se deberían levar a cabo máis iniciativas como as que se están facendo e formar grupos específicos locais que aporten axuda nestes problemas tanto con charlas como con axuda psicolóxica.

    Todos debemos contribuir a acabar con este problema, xa que ao final nos perxudica a todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: