Skip to content
22/11/2011 / lernolosada

El olmo del Cáucaso, de Taniguchi e Utsumi

Lupe Pose

Este manga (palabra xaponesa que designa ao cómic en xeral) con debuxos de  Ryuchiro Taniguchi e guión de Ryuchiro Utsumi preséntanos seis relatos intimistas, cheos de forza e suxestións. Cóntanos fermosas e melancólicas historias de seres anónimos que pasan desapercibidos na vida diaria das grandes cidades, desde os problemas que crean na veciñanza as follas dun vello olmo que o seu dono négase a talar (que dá título ao libro) ata os sentimentos que embargan a un matrimonio divorciado e a súa filla que se volven atopar despois de 23 anos.

Taniguchi comezou no mundo do manga con Kareta Heya (La habitación ronca), de 1976 a 1979 publicou, xunto co guionista Natsuo Sekigawa, Ciudad sin defensa, El viento del oeste es blanco y Lindo 3. De 1984 a 1991, Taniguchi e Sekigawa crearon os cinco volumes de Botchan no Jidai (La época de Botchan). Nos anos 90 destacan os mangas El almanaque de mi padre e El gourmet solitario, con guión de Masayuki Kusumi. No 2001 creou a serie Ícaro a partir de textos de Moebius.

Taniguchi gañou varios premios. Entre outros, o premio Tezuka por Botchan no Jidai, o premio Shōgakukan por Inu wo kau (Tener un perro), e no 2003 el Alph’Art ao mellor guión no Festival Internacional de Cómics de Angoulême (Francia) por Harukana machi-e (Barrio lejano), polo que tamén obtivo o premio á mellor obra no Salón del Cómic de Barcelona do 2004.

O libro, publicado por Ponent Mon Ediciones, narra con gran delicadeza e lixeireza sensacións e emocións, cun debuxo cálido e limpo. Oito asuntos particulares, cotiás, os realmente importantes para calquera de nós, cos que todos podemos sentirnos identificados: as relacións pais-fillos, os xubilados desprazados pola sociedade, as ocasións vitais perdidas sen remedio, a procura dun pouquiño de felicidade. Literatura en imaxes, unha gran obra.

Eladio foi quen me pasou “El Olmo del Cáucaso” porque lle dixen que dende nena non volvera a ler cómic. Impresionoume moito, porque tiña unha idea totalmente distinta do cómic (Zipi y Zape; Mortadelo y Filemón… foron os que lin de nena). A verdade é que o recomendo polo faciliño que é de ler e polas historias tenras que contén, tanto que algunhas poden resultar ata duras.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. xosefa / Feb 5 2012 7:05 pm

    Este libro conta 8 historias. Vouvos facer unha guía das que máis me gustaron ou das que máis vos poden interesar:

    ATRAVESANDO EL BOSQUE: Tes algún irmán pequeno o que lle llevas un par de anos?Cando tiñas ó redor de 8 ou 9 anos sempre tiñas que apandar con el porque ti eras o máis vello e se algo ía mal as culpas eran para ti, por eso, por ser o máis vello?
    Entón, esta historia é para ti!!

    EL PARAGUAS: un irmán e unha irmá xa adultos. Non só medraron físicamente, tamén lles medrou a alma ……….co rancor, odio, envexa e todas esas pequenas miserias que engalanan os homes (e mulleres). Poderán librarse de algo de todo eso para seguir o camiño un pouquiño máis lixeiros?

    REENCUENTRO: un home sepárase da súa muller. Teñen unha filla pequena. Deixa de vela durante moitos anos e un día atópaa. Que crees que pasará?

    EL OLMO DEL CÁUCASO : un home vello ten unha árbore no xardín da casa e non a quere cortar, a pesar de todos os seus inconvintes. Ay, esta xentiña maior ten unhas cousas!

    EL CABALLO BLANCO DE MADERA: unha nena queda un tempiño cos avós porque os seús pais acaban de separarse. Todos os ingredrientes para unha película americana de sobremesa de domingo. Pois non. Not at all.

    LOS ALREDEDORES DEL MUSEO: unha muller xa xubilada e viúva que se volve enamorar.
    Pero a historia xira máis ó redor dos fillos, do pouco que comprenden á súa nai. A que nunca vos parastes a pensar que senten/sentiron os vosos avós sobre o amor? Eh, a qué non?

    Ala, a ler!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: