Skip to content
10/11/2011 / lernolosada

Petaco, de Alberto Guitián

Adrián Gómez (3ºA)

Alberto Guitián naceu en Lugo en 1974. Estudou Belas Artes en Pontevedra, creou o fanzine de cómic e humor Kédeke, ten colaborado en numerosas revistas como El Jueves, Mister K, BD Banda, Retranca, Barsowia ou Golfiño. Participou en álbums colectivos como H2Oil (Colectivo Chapapote), e no 2009 publicou o seu primeiro álbum de cómic: Fito e Pita (Retranca Editora). Vive e traballa na Coruña.

Petaco publicouno en xullo do 2010, en castelán, Diábolo Ediciones, acadando un gran éxito. Recompila as historietas deste particular persoeiro aparecidas na revista Mister K e outro material extra. Petaco é un rapaz moi traste e tamén moi ligón, ao que lle gusta pouco facer nada que requira un esforzo e que non leve ritmo de rock. Os seus amigos son Suso e unha televisión parlante, chamada Tibi, e outros como Silvia, Purita ou Don Basilio. Os seus amigos cóntanos como é Petaco e tamén nos contan as aventuras que viviron xuntos, e que son sen dúbida moi divertidas e graciosas. As aventuras que lle suceden a estes personaxes desenvólvense ou na casa de Suso ou no colexio.

Eu recomendo este libro para nenos e nenas de calquera idade porque ao que le este cómic vanlle gustar os cómics. Petaco encantaralles, unha banda deseñada moi divertida. Gustoume moito.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Heladio / Nov 12 2011 11:05 pm

    A pesar de que xa son maior, concordo totalmente co que di Adrián. Encantáronme as aventuras de Petaco, todo u superheroe de verdade. Bo traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: