Skip to content
08/11/2011 / lernolosada

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos de Washington Irving

Washington Irving (1783-1859) foi o primeiro escritor estadounidense que acadou o éxito. Aínda que fixo a carreira de dereito, o que el m

áis lle interesaba era escribir, ben nos xornais ou ben ensaios e relatos como o que nos ocupan. Na súa obra destaca o romanticismo e a sátira social. Viaxou por Inglaterra e España, desde 1926 a 1929 pertenceu ao corpo diplomático de Estados Unidos en España. Así naceron os Cuentos de la Alhambra (1832), unha recompilación de contos ambientados nun idealizado Al-Andalus. A súa obra máis famosa foi Libro de Apuntes (1820), un conxunto de relatos e ensaios, apreciada pola súa orixinalidade e humor.

Neste volume, publicado en galego por Urco na colección Gótica, recóllense cinco relatos onde se amosa o gusto do autor polas historias de pantasmas, espectros e o mundo dos defuntos. Entre eles, o máis coñecido é ‘A lenda de Sleepy Hollov’, pola versión cinematográfica de Tim Burton, unha boa película pero cuxa trama non se parece moito á do relato.

A escritura é moi fácil, sinxela pero con moita graza, conseguindo reter a atención do lector sen que en ningún momento decaia o interese. Son historias góticas pero amables, cheas de humor, nas que a sátira e a crítica das actitudes humanas están sempre presentes.

Nestes tempos en que o terror vacuo está tan de moda, merece a pena recordar aos clásicos que, sen recrearse no sangue conseguen entreternos cunha escritura de calidade.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: