Skip to content
28/10/2011 / lernolosada

As Serpes Cegas, de Cava e Seguí

Por Xulián Valdés (1º Bach. B)

Guión: Felipe Fernández Cava; Debuxo: Bartolomé Seguí

Felipe Hernández Cava naceu en Madrid no ano 1953 . Coñecido por ser membro do colectivo “El Cubri” onde traballou tamén con outros debuxantes. Durante o “boom” do cómic adulto foi un dos artífices da renovación do cómic español. Sen embargo tívose que gañar a vida como guionista de televisión, crítico de arte e curador de exposicións.

Bartolomé Seguí naceu en Palma de Mallorca en 1962. Publicou traballos en revistas tan diversas como Madric ou “El Víbora” orientado cara o mercado francés, a súa obra máis notable é “As serpes cegas” pola que gañou o Premio nacional do Cómic en 2009, en colaboración con Hernández Cava.

As serpes cegas é un cómic publicado en 2008 con vistas a se comercializar no mercado francés, moito máis potente que o nacional, e finalmente traducida primeiro ó galego e logo ó castelán.

Este cómic narra unha historia de vinganzas coa Guerra Civil española e o Nova York da Gran Depresión de fondo, falando de persoas que foxen do seu pasado e din ser quen non son para sobreviviren nun mundo cada vez máis caótico.Todo con grandes tinguiduras políticas e ideolóxicas que lle dan un matiz histórico moi interesante.

Chama a atención o seu parecido có xénero da novela negra, aínda que sen chegar a tocar o crime organizado, pola súa intriga envolvente e as múltiples historias de cada personaxe.

Recomendaría este cómic a calquera que se interese polo contexto histórico no que esta ambientada a historia, sobre todo se lle gustan temas como a política e a serie negra. Ademais non ten moita complicación, pois lese tranquilamente nunha tarde.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

4 Comentarios

Deixar un comentario
  1. Heladio / Out 28 2011 2:03 pm

    Moi ben Xulián, agardo que isto só sexa o principio dunha longa listaxe de lecturas

    • Xulián / Nov 4 2011 4:37 pm

      Eu tamén pero vai ser difícil porque xa nos están empezando a mandar libros de lectura obligatoria, haber que pasa

  2. lernolosada / Out 31 2011 12:58 am

    Na obra cóntase a modo de trama policíaca como o protagonista, que sempre se nos presentará cun traxe vermello, busca a Ben Koch, isto servirá de pretexto ao longo de 71 páxinas para mostrarnos os excesos que cometen as persoas en nome das ideoloxías, xa que presenciaremos mortes, ameazas…
    Penso que este comic sería axeitado para un lector a partires de 15 xa que para comprender ao máximo a historia precísase saber de certos datos (que foi a Gran Depresión, a Guerra Civil española e as súas consecuencias, que é o comunismo e o anarquismo, quen é Lenin…..)
    Persoalmente non son un gran lector de cómics xa que prefiro a narrativa, mais creo que este é un deses que hai que ler xa que a historia os debuxos están perfectamente integrados.

    Óscar Pena, 1º Bach B

    • Xulián / Nov 4 2011 4:38 pm

      Seguro que nin o miraches…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: