Pyongyang e Crónicas de Birmania, de Guy Delisle; Chernobil, la zona, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos
Marcos Taracido
Seguro que ultimamente escoitastes falar da ditadura de Corea do Norte, a morte do seu líder e os problemas bélicos con Corea do Sur. O cómic de Guy Delisle, Pyongyang, é un modo perfecto e divertido de achegarse á surrealista ditadura que oprime aos norcoreanos; Delisle escribiu o cómic despois de traballar alí uns meses nunha empresa de animación por ordenador.
O mesmo autor, viviu un ano en Birmania (Myanmar) acompañando a súa parella que traballaba para Médicos sen Fronteiras. Outra ditadura atroz, e Crónicas birmanas é tamén perfecta para coñecer o que sucede alí: apréndese xeografía, socio política… dun xeito divertido, moi divertido.
E outro cómic de tipo documental é Chernobil, la zona, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos, aínda que este máis escuro e triste, pois é un paseo pola devastación que deixou a explosión da central nuclear soviética en 1986, outro dos feitos cruciais das últimas décadas. A maior catástrofe nuclear da historia da humanidade. A banda deseñada relata a vida de tres xeracións dunha familia afectada polo accidente.
NA NOSA BIBLIOTECA
















Bibliotecas escolares de Galicia
Bibliotecas Primaria Galicia
Bibliotecas Secundaria de Galicia
IES Afonso X de Cambre
IES de Catabois
IES de Fene
IES de Fernando Esquío de Neda
IES de Melide
Rede de bilbiotecas de Galicia
As Campaíñas
http://espazolectura.blogspot.com/
NA Estrada-525
Brétemas
Fervenzas literarias
http://bega-horadeler.blogspot.com/
Literatura infantil e xuvenil
Praza das letras
Trafegando Ronseis
Heladio: CC SS
http://abelcarbajal.blogspot.com/
http://hectorfc.blogspot.com/
http://martinmds.blogspot.com/
http://pequenoldn.librodenotas.com/
Blog de Estíbaliz Espinosa
Blog de María Lado
http://poesiagalega.org/
Poetas da Hostia
Son de poetas